Descubre a fondo os nosos

Servizos

Percusión con refugallos

- Cobertura: Galicia -

Un singular obradoiro creado para promover a expresión a través dunha das disciplinas musicais máis apaixoantes. Dirixido a nenos de infantil, primaria e secundaria (máximo 25 alumnos por obradoiro).

DURACIÓN: 45’ para infantil / 60’ para primaria e secundaria

TARIFAS: Un obradoiro 80 € / Dous obradoiros 140 € / Tres obradoiros 180 € + Desprazamento (0,30 €/km, ida e volta desde Vigo). Materiais incluídos.

 

Gustaríache coñecer máis a fondo este obradoiro?

SOLICITAR DOSSIER

Lecer e tempo libre

- Cobertura: Galicia -

  • Animación
    de eventos

    Unha animación de eventos diferente, orixinal, creada con bo gusto e sensibilidade, e repleta de sorpresas para os convidados.

  • Obradoiros
    lúdico-educativos

    Mediante a aprendizaxe, favorecemos o desenvolvemento da creatividade, a autonomía, a cooperación e o sentido crítico.

  • Campamentos
    exclusivos

    Organizamos de forma integral exclusivos campamentos para escolas, concellos, entidades e particulares.

  • Concertos
    interactivos

    Diferentes estilos musicais e dinámicas didácticas, para que os nenos aprendan mentres disfrutan da música.

  • Contacontos
    orixinais

    Adaptamos contos tradicionais e clásicos da literatura e alternámolos con outros de creación propia.

Actividades extraescolares

- Cobertura: Galicia -

Educación Infantil
  • Cociña sen lume
    Duración: 60’
    Tarifa: 16 € / mes

    Despertaremos nos pequenos da casa a curiosidade pola gastronomía. Descubrirán sabores e texturas que noutras circunstancias dificilmente probarían. Elaborarán receitas sinxelas nas que se combinarán alimentos doces e salgados. Todos os materiais e ingredientes están incluídos.

  • Dibu-contacontos
    Duración: 60-90’
    Tarifa: 15-20 € / mes

    Fomentaremos nos nenos o hábito da lectura, que os beneficiará toda a vida, participando en mundos máxicos que eles mesmos crearán. Aprenderán a representar as súas ideas mediante debuxos e manualidades, e escenificarán os seus propios persoeiros.

  • Predeporte
    Duración: 120’
    Tarifa: 15-20 € / mes

    Ó iniciar os nenos na práctica deportiva a idades tan temperás, favoreceremos a súa coordinación, a súa capacidade motora e o seu gusto pola actividade física, fundamentais para unha vida adulta saudable.

  • Ludoteca bilingüe
    Duración: 120’
    Tarifa: 20 € / mes

    Xogos en grupo, manualidades, obradoiros, música, contacontos… Para xogar e aprender inglés ó mesmo tempo. Os nenos realizarán manualidades específicas e clasificaranas co seu nome en inglés, utilizarán verbos comúns nas súas vidas -como correr ou saltar- de maneira lúdica e construtiva.

  • Música e movimiento
    Duración: 60-90’
    Tarifa: 15-20 € / mes

    Desenvolvemento psicomotriz, sensibilización musical, deporte, xogo e baile. Unha actividade moi completa na que os máis pequenos soltaránse e aprenderán exercicios de coordinación corporal e musical.

  • Idiomas
    Duración: 60’ Tarifa: 15 € / mes

    Inglés, francés, alemán ou outros, da man de docentes especializados en cada idioma, os nenos tomarán contacto con idiomas extranos para eles de forma amena, preparándoos para una óptima adaptación en cursos posteriores.

  • Combo ritmo
    Duración: 90’
    Tarifa: 20 € / mes

    Combinamos as actividades Dibu-contacontos + Música e movemento para unha estimulación integral en clave de diversión.ión.

Educación Primaria

Feiras medievais

- Cobertura: toda España -

Alameda dos aprendices

ESPAZO LÚDICO INFANTIL

O noso proxecto para feiras medievais ofrece un salto tan notable na calidade da atención que o disfrute e a satisfacción dos nenos e pais están asegurados.

Todos os obradoiros que ofrecemos nel son 100 % artesanais e están adecuadamente documentados, recreando co máximo rigor os gremios e oficios propios da época histórica do evento.

Ó final do obradoiro, os nenos levan á casa o obxecto que confeccionaron, como recordo do seu paso pola festa. A coidada presentación destes detalles de recordo é, sen dúbida, un dos selos distintivos do noso proxecto.

GREMIO DE ORFEBRES
  • OBRADOIRO DE ACUÑACIÓN DE MOEDA: usaremos pasta de papel maché (para substituir o metal), troqueis, martelos de madeira, táboas para apoio do material, paus de amasar, moldes, papel de estraza, fío de cáñamo, etc. para crear preciosas moedas.

 

  • OBRADOIRO DE XOIERÍA: usaremos ferramentas de modelar, pranchas de aluminio (para substituir a prata), pedras de cores (para substituir ás pedras preciosas), cordóns para colgantes, engarces de pendentes, alicates, pinzas, martelos, burís para repuxado, etc. para crear pequenas xoias únicas.

GREMIO DE CURTIDORES
  • OBRADOIRO DE COIRO: usaremos punzóns, cortadores, troqueis, martelos, cordóns, táboas para apoiar, espátulas, etc. para crear vistosos complementos de moda.

GREMIO DE ALFAREIROS
  • OBRADOIRO DE CERÁMICA: usaremos paletas, paletiñas, táboas de corte, espátulas, pás, mandís de arpilleira, puños anti manchas, etc. para crear singulares figuras.

GREMIO DE ESCRIBAS
  • OBRADOIRO DE ESCRITURA: usaremos puntas de metal incrustadas en canas e plumas que recrearán a técnica empregada na época para escribir con tinta sobre un pergamiño que ataremos cun lazo para poder transportalo.

 

  • OBRADOIRO DE LACRADO DE CARTAS: usaremos cera especial para lacre, queimadores para fundir cera, selos con motivos medievais, fío de cáñamo e pergamiños para estampar con exactamente a mesma técnica que hai 500 anos.

 

  • OBRADOIRO DE GRABADO EN MADEIRA (XILOGRAFÍA): usaremos papel, grabados en madeira con motivos medievais , tinta de cores, rolos, prensa, pinceis, paletas, etc. para elaborar impresionantes xilografías.

GREMIO DE TECEDORES
  • OBRADOIRO DE TAPICES: usaremos teares de madeira de diferentes tamaños e formas, la, fío, tea, agullas, pasadores e peinetas de madeira, etc. para tecer originais mini tapices decorativos.

 

  • OBRADOIRO DE BORDADO: usaremos bastidores circulares de madeira, agullas de diferentes tamaños, fíos de cores, lápices de cores, panos brancos para bordado, etc. para confeccionar pequenos detalles decorativos.

GREMIO DE CONFITEIROS
  • OBRADOIRO DE GALLETAS ARTESÁS: usaremos táboas de cociña, amasadores, coitelos de madeira, espátulas, culleres, papel de estraza, etc. para elaborar deliciosas galletas con forma de piratas, escudos, carabelas, espadas…

A PRESTACIÓN DESTA ACTIVIDADE INCLÚE:

  • Un coordinador, ataviado de época, encargado de recibir os nenos, organizar o fluxo de turnos e atender os pais.
  • Un ou dous monitores (segundo volume), ataviados de época, para cada obradoiro.
  • Feche delimitador do espazo, de ate 180 m², decorado de época.
  • Mesas e asentos de madeira e ambientación de época, en cada obradoiro.
  • Cartelería informativa sobre horarios e contidos dos obradoiros.

 

Gustaría ter máis detalles?

SOLICITAR DOSSIER
Buscas un servizo aínda máis especial?

Cóntanos que necesitas exactamente! Seguro que poderemos axudarche a conseguilo.