Os nosos principais

servizos

Percusión con refugallos

Promovemos a libre expresión do neno a través de instrumentos de percusión realizados con materiais de refugallo e a resonancia do seu propio corpo.

Actividades extraescolares

Acompañamos ós máis pequenos na fabulosa aventura de descubriren e desenvolveren as súas habilidades sociais, intelectuais e creativas.

Feiras medievais

Co noso espazo “ALAMEDA DOS APRENDICES” acercamos á organización de festas medievais un innovador concepto de obradoiro infantil.

Lecer e tempo libre

Dispoñemos de multitude de solucións e boas ideas para facer das vacacións escolares un momento especial e de cada celebración, un día inolvidable.

As nosas actividades, repletas de

Beneficios

  • Estimulación da atención, a memoria, a creatividade e a curiosidade.
  • Adquisición de valores, actitudes e normas.
  • Socialización e compromiso cos demais.
  • Libre expresión de sentimentos e experiencias.
  • Desenvolvemento da capacidade crítica e a autonomía persoal.
  • Descubrimento de novos intereses e dun lecer autosuficiente.

Algúns dos nosos

Clientes

A calidade dos servizos que ofrecemos vén avalada pola súa continuidade no tempo e pola confianza dun crecente número de entidades que nos contratan ano tras ano.