PEQUEN@S CHEFS, TREMENDO MENÚ

Showcooking infantil participativo

Unha nova experiencia que activa a programación cultural familiar e na que a cociña é o medio… non o fin!

Non xogamos a cociñar…

Cociñamos de verdade!

En directo, combinando aprendizaxe, espectáculo e interacción nun formato deseñado para xerar grandes lembranzas nas familias en festas, xornadas gastronómicas, campañas de hábitos saudables…

  • team image
  • team image
  • team image
  • team image
  • team image
  • team image
20
Entidades
xa confían en nós
10
Anos
de experiencia
1000
Familias
satisfeitas

Por que é diferente?

 

Porque non é un obradoiro, nin unha clase, nin animación infantil.

Mediante aprendizaxe natural, sen discurso forzado, esta actividade acada importantes obxectivos educativos:

  • Promove a gastronomía como cultura e a identidade como pobo.
  • Fomenta hábitos alimentarios saudables.
  • Ensina a respectar os procesos e ás persoas que hai detrás dos produtos.
  • Xera participación interxeracional.

Por que
funciona?

 

Porque é moi doada de integrar en diferentes contextos culturais:

 

  • Ten unha alta capacidade de convocatoria
  • Trátase dun formato moi visual e comunicable (ideal para redes sociais e prensa)
  • Encaixa en programación transversal (cultura + educación), estacional e xornadas temáticas
  • Require unha infraestructura sinxela
  • Entrégase “chave en man”
  • Desenvólvese tanto en interior como en exterior
  • Permite varios pases nun mesmo día
  • Pode repetirse e integrarse en eventos maiores

Ficha
técnica 

 

  • Destinatarios: nenos e nenas de 5 a 13 anos
  • Capacidade: adaptada ao espazo dispoñible (máximo 30 menores)
  • Duración por pase: 75-90 minutos
  • Duración montaxe e desmontaxe: 1 hora cada acción
  • Necesidades técnicas:
    • Espacio diáfano (interior ou exterior)
    • Electricidade con toma de terra
    • Punto de auga próximo
    • Acceso para carga e descarga
SOLICITAR ORZAMENTO
Xosé DíazMaría VarelaAntonio Castro
“Foi un éxito rotundo. Os nenos cociñaron con chícharos daquí da terra e os pais quedaron encantados"
Xosé Díaz

TÉCNICO DE ACTIVIDADES CULTURAIS

"Contratamos dous pases seguidos e a resposta foi espectacular. Un investimento cultural de impacto real"
María Varela

COORDINADORA DE EVENTOS

"Viñeron para unha feira gastronómica e gustou moitísimo. Repetiremos porque o boca a boca foi brutal"
Antonio Castro

DIRECTOR DE ACTIVIDADES

Programas actividades?
Isto é para ti!

GUÍA GRATUITA

Como programar actividades familiares de calidade

Un recurso práctico para técnicos e programadores culturais, con ferramentas que aforran traballo e melloran a planificación e xestión da programación.

Enche este formulario para recibir a Guía e manterte ao día das nosas novas >>>

PREGUNTAS

frecuentes

O showcooking está deseñado para programacións culturais e eventos familiares, e funciona especialmente ben en festas patronais, feiras gastronómicas, festivais familiares de verán, eventos turísticos, campañas de hábitos saudables e programación de Nadal, Entroido, Pascua ou Samaín. O seu formato “chave en man” permite intégralo facilmente en case calquera programación pública ou privada.

O showcooking infantil ten unha alta capacidade de convocatoria porque os nenos e nenas son protagonistas e as familias permanecen no espazo durante toda a actividade. Ademais:

  • xera contido visual atractivo para redes sociais
  • reforza a imaxe de calidade do evento
  • fomenta a participación interxeracional

Por iso converteuse nunha proposta moi valorada dentro das programacións familiares.

Cada pase do showcooking pode acoller ata 30 nenos, dependendo do espazo dispoñible. A actividade está pensada para grupos dinámicos nos que todos os participantes poidan cociñar e participar activamente durante a sesión.

O servizo de Matrácala é “chave en man” e inclúe todo o necesario para desenvolver a actividade. Desta forma, o organizador non precisa aportar equipamiento adicional máis alá do espazo, electricidade e punto de auga próximo.

Ademais de a cociñar, os nenos e nenas aprenden:

  • hábitos alimentarios saudables
  • cultura gastronómica
  • respecto polos alimentos e os produtores
  • traballo en equipo e participación

Todo iso mediante unha metodoloxía lúdica baseada no aprendizaxe natural e a experiencia directa.

A experiencia está pensada para que continúe tamén na casa, compartindo o aprendido coa familia. Ao rematar a actividade, cada neno ou nena leva:

  • o seu mandil e gorro de pequen@ chef
  • a receta impresa para repetila na casa
  • e o recordo de ter cociñado o seu propio prato

O showcooking infantil está recomendado para nenos de entre 5 e 13 anos. As receitas e as tarefas axústanse á idade dos participantes para que poidan cociñar de forma segura e divertida.

Si, os nenos e as nenas cociñan de verdade. Durante a actividade manipulan os alimentos, seguen a receita paso a paso coa axuda do chef, preparan o seu propio prato e o degustan xunto ás súas familias. Dependo da súa idade tamén realizan o emplatado final.

Si. O showcooking conta con supervisión continua, control de alerxias e intolerancias e seguro de responsabilidade civil. Ademais, todos os materiais e procesos están adaptados á idade dos participantes e seguen normas básicas de manipulación de alimentos.