Co inicio dun novo curso escolar, preguntámonos: En que actividade non regrada podemos matricular os nosos fillos/fillas para enriquecer a súa formación?
Debemos pensar a maior parte das veces na propia necesidade de conciliación e, escoller a actividad que nos parece más conveniente para el/ela, resulta un complicado traballo.
É coñecido por todos que as posibilidades que se nos ofrecen en centros educativos, deportivos, academias, asociacións, etc. medraron considerablemente nestes últimos anos e é ben certo , que aínda que vai mellorando a oferta, as actividades nas que se activa a diversidade intelectual e o desenvolvemento libre do neno, seguen sendo escasas.
A imaxinación é unha fonte de riqueza inesgotable, fomenta neles a Creatividade -facultade de crear, capacidade ou facilidade para inventar ou crear- e prepáraos para desenvolverense na resolución de conflitos, na capacidade de improvisar e no crecemento persoal e profesional.
Non sería banal un intento por aumentar este tipo de habilidades na vida do nosos fillos, está cientificamente probado que desenvolve o intelecto e capacítaos para a toma de decisións.
Axudan neste exercicio as reformas educativas constantes? Cremos que non.
A última (LOMCE) intentou dalguna forma reducir este espazo de crecemento persoal promovendo o recorte de horas en asignaturas de educación artística e educación musical.
Creamos nas habilidades dos nosos fillos! Sexan cales sexan, fomentémolas, potenciando as súas iniciativas, e tranquilos: xa haberá tempo para -entre vós- reflexionar cara onde enfocar a súa capacidade, non é cuestión de profesións, é unha ferramenta para a VIDA.