
Hai actividades que comezan cunha receita e acaban converténdose en algo moito máis grande. O showcooking de Matracalá é unha delas. A simple vista podería parecer un taller de cociña. Hai ingredientes, hai utensilios, hai delantais… pero o que ocorre realmente cando comeza a actividade ten máis que ver coa curiosidade e con esa maneira tan natural que teñen os máis pequenos de aprender cando ninguén lles está dicindo que están aprendendo.
A cociña, neste caso, é só o punto de partida.
Unha cociña onde todo pasa
Cando o showcooking arranca, o espazo cambia. De pronto énchese de mans levantadas, de olladas atentas, de preguntas que chegan en cascada:
«¿Que é isto?»
«¿Por que se mestura así?»
«¿Podo probar?»
En Matracalá gústanos que todo ocorra diante deles, ao seu ritmo e coa súa participación. Non se trata de observar como cociña un adulto. Se trata de cociñar xuntos, de equivocarse, de rir cando algo sae distinto ao esperado e de descubrir que os sabores tamén poden ser unha forma de contar historias.
Porque cociñar é, en realidade, unha conversa.
Cada ingrediente trae algo consigo: unha cor, un olor, unha textura. E cando os nenos comezan a combinálos, aparece a maxia. Non a da alta cociña, senón a da creatividade que se espertan cando alguén entende que pode dar vida a algo coas súas propias mans.
Aprender sen decatarse
No showcooking de Matracalá pasan moitas cousas ao mesmo tempo: falase de alimentos, de hábitos saudables, de cultura gastronómica. Trabállanse a atención, a memoria e a coordinación. Apréndese a esperar turno, a colaborar, a escoitar aos demais. Pero todo ocorre dunha forma case invisible, «escondida» detrás da receita.
Quizais ese sexa o segredo deste tipo de actividades: cando o aprendizaje se mestura coa emoción, deixa de ser unha obriga para converterse nunha experiencia.
E entón todo cambia.
O ingrediente que nunca falta
Hai algo que sempre aparece nos nosos showcookings, aínda que non estea na lista de ingredientes.
A sorpresa.
Cando alguén descobre un sabor novo… ou decide probar algo que non lle gustaba… e resulta que si. Outras veces aparece cando o público —familias, turistas ou curiosos— termina implicándose tanto como os propios participantes.
Moitísimo máis que cociñar
En Matracalá cremos que o ocio infantil pode ser creativo, participativo e cheo de sentido. Por iso as nosas actividades buscan sempre ese punto no que a diversión e o aprendizaje se atopan.
O showcooking é un gran exemplo. Quizais por iso, cando a actividade remata, adoita quedar a sensación no ambiente de que o importante non era exactamente cociñar… senón todo o que pasou ao redor da mesa.

